Concello de Malpica
“Vila da vida na Costa da Morte” é a frase que nos define desde sempre. E pode ser a máis realista de todas. Porque temos todo o necesario para vivir. Somos moi afortunados e afortunadas de ser e sentir Malpica co corazón. Un lugar onde se conxugan terra e mar como en ningún outro emprazamento do mundo.
Pode ser que non sexa moi obxectivo, pero son palabras que de seguro compartimos todas as veciñas e veciños do noso municipio. Dá igual onde e a que hora levantes a vista. Sempre atoparás un bonito recordo.
Como participante durante varios anos da Travesia a nado Islas Sisargas Malpica, teño que dicir que é unha proba que ten algo especial. Estas illas son especiais, e unha das nosas referencias. Desde aquí convídovos a todas e todos a descubrilas, e todos os recunchos do noso pobo. No que poderás deixarte levar pola singularidade da nosa olería e dos seus obradoiros; a potencia das Torres de Mens; a luz do Faro de Nariga; a hermida e o cabo de Santo Adrián; os muíños da Ribeira; as espectaculares vistas da Atalaia ao porto de Malpica; a Croa do Castro e o dolmen de Pedra da Arca…
Volverás, seguro!
Walter Pardo,
Alcalde de Malpica de Bergantiños
Más información